jueves, 8 de enero de 2009

Falando de boas cousas


Obviamente non vou falar das clases, senón de todo o contrario, vacacións. Ese fermoso tempo no que non tes que aturar a ningún amargado que pasa por suposto profesor, sen ánimo de ofender, pero todos sabemos que é así. Non estoume a referir a clas de TIC, pois de momento, exceptuando algunha que outra saída de tono, non teó maior queixa tanto cos contidos coma ca profesora, pero bueno, non estou agora para falar diso. Só era unha aclaración.


Acabamos de sair do Nadal, un tempo no que todo son ceas e axuntamentos familiares. Primeiro está a noiteboa, ese fermoso día no que na compaña da túa nai fas esa bandexa de turróns que é a mesma que a mediados de Xaneiro tiras case enteira ó lixo. Pero ísto que a túa nai xa o sabe, colle e ponlle papel albal para que non se peguen os turróns. O chegar a noite, comeza a entrar a xente á túa casa. E o primeiro é o teu tío, facendo sempre a mesma pregunta odiada por moitos "que tal as notas?", e nese momento sénteste importante, porque non contestas ti, senón o teu representante, a tua nai. Que sen virarse tan sequera e mentres segue facendo esa cea... contestalle "eso eso, dille a teu tio, dille aí que cargaches 8. Como? si, claro teñenche manía non? non me contestes que vas quente." e ti pensas, "menos mal que so ves unha vez o ano".

Logo está a noite de fin de ano, que é o mesmo que niteboa pero con presa. Ás dez ceas, apresuradamente e as doce menos cuarto aprox. ábrese un debate momentaneo que existe tódolos anos. E que algún intelixente formula a pregunta de... "e este ano onde vemos as badaladas?" Vexamos, aquí comezanos máis radicais a dicir que se catro, a sexta... pero se ceas co teu avó as baladas vense na TVE, e os de antena3 que xa saben o truco collen e fichan a ramón garcía, asi enganan a bastantes señores, pero claro e se ven o logotipo do canle? pois tamén estiveron habiles, collen e o seu lado poñen dúas tetas. Enton é cando alguén pregúntalle ó avó,"que xa listo para as doce?" e el contesta "eu xa con estas dous... vou servido".


Ese é o Nadal, aínda que explaiaríame máis, pero non quero aburrir. Unha perta.